Mina Doade, o proxecto de minaría subterránea de extracción de minerais de litio e feldespatos en Beariz (Ourense), declarado estratéxico pola Unión Europea, atópase en periodo de Audiencia Pública desde o venres 18 de xullo de 2025.
Nesta fase, calquera persoa física ou entidade xurídica pode recabar información sobre o proxecto e presentar as alegacións ou observacións que considere oportunas (poden consultar o proxecto nesta ligazón da sede electrónica da Xunta de Galicia).