COMPROMISO
COA MINERÍA SOSTIBLE

Mina Doade pretende un aproveitamento racional, ordeado e eficiente dos recursos do subsolo, de forma que, tanto na actividade mineira como na posterior restauración, se respecte o medio ambiente e se integre no territorio e na sociedade.

A minería sostible é tal porque satisface “as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades”, de acordo cos principios de Desenvolvemento Sostible da ONU.

UN MÉTODO DE EXTRACCIÓN
SOStIBLE e EFICIENTE

Recursos Minerales de Galicia proxecta en Mina Doade unha mina subterránea empregando a técnica mineira de corte e recheo (cut&fill). É un método que implica excavar e extraer minerais en capas, utilizando recheo para manter a estabilidade do terreo.

Inicialmente perforaranse dúas rampas de acceso á mina subterránea, e conformarase toda a infraestrutura exterior necesaria para a ubicación do establecemento de beneficio do mineral.

O desenvolvemento da mina comeza de abaixo cara arriba. Excávase unha sección do depósito dende a base cara arriba. Este material, en forma de rochas duras de pegmatita, transpórtase ata o exterior da mina.

No establecemento de beneficio exterior, situado na boca da mina, realízanse labores de concentración dos minerais.

O mineral extraído transformarase e concentrarase por medios físicos de trituración, moenda e flotación.

A fracción de mineral desbotada (material inerte e sen valor comercial) mesturarase no exterior con aglutinantes (cemento) e transpórtase como fluído de volta ás cámaras inferiores da mina.

O recheo consolidado actúa como un novo piso e, ao ser suficientemente resistente, convértese na plataforma de traballo para o seguinte nivel.

A área de excavación elévase progresivamente, pechando as anteriores e mantendo unha afección mínima na superficie (13,62 hectáreas totais).

A mina subterránea xunto co método de corte e recheo permite minimizar a superficie afectada da explotación mineira e reducir o impacto ambiental e visual da mina. Trátase dun proceso de minería de transferencia que emprega as mellores prácticas de minería sostible.

O proceso mineiro está descrito de forma detallada no Proxecto de Explotación, que deberá ser aprobado pola Xunta de Galicia antes de que se inicien os traballos en Mina Doade.

ESTUDO DE IMPACTO
AMBIENTAL DE MINA DOADE

PLAN DE RESTAURACIÓN
COMPLETO e AVALIADO

RUTAS DE TRANSPORTE

En canto estea a pleno funcionamento, a planta industrial de Mina Doade producirá tres materiais diferentes: concentrado de litio, concentrado de moscovitas e concentrado de feldespatos para uso en fábricas de cerámica.

Estes produtos inertes e que non provocan efectos ambientais negativos nin danos á saúde humana, serán transportados en camións por vías e estradas aos centros loxísticos dos clientes. A planificación inicial é evacuar o produto a algún dos portos próximos de Galicia.

Recursos Minerales de Galicia comprométese a minimizar as posibles afectacións ao tráfico e ás infraestruturas, para o que establecerá plans e rutas en diálogo coas comunidades, os veciños da zona e as administracións públicas locais e autonómicas.