O proxecto mineiro de Recursos Minerales de Galicia fomenta unha economía competitiva na contorna rural, mitigando o despoboamento e o envellecemento dos concellos de Beariz, Avión e Forcarei, e achegará unha contribución económica viable á comarca.
Ademais do emprego directo, especializado e de calidade que xera unha mina en fase de explotación, durante as fases de construción será necesario cubrir unha gran cantidade de postos de traballo por tempo limitado.
Recursos Minerales de Galicia estima que se xerarán ata 320 postos de traballo (directos e indirectos) dende que se aprobe o Proxecto de Explotación ata a restauración completa da mina.
Ademais destes postos de traballo, xeraranse oportunidades de negocio na contorna, como servizos de transporte (camións), vixilancia, mantemento de camiños e servizos de aloxamento e manutención para os traballadores.

UN PROCESO DE
ESCOITA E INFORMACIÓN
Mina Doade fomenta un enfoque de comunicación aberta e transparente coa comunidade, facéndoa partícipe dos avances e datos durante o desenvolvemento do proxecto. Para iso, desenvolveuse durante o último cuatrimestre de 2024 un Plan de Participación e Comunicación Pública co obxecto de involucrar ás institucións, as persoas e os axentes sociais e económicos no proxecto. Trátase de fomentar a participación efectiva baixo metodoloxías e fórmulas de participación que promovan a transparencia.
UnHa comarca con
pasado mineIro
pasado mineIro
Mina Doade explotará os recursos do subsolo dunha comarca con longa tradición mineira. Xa dende comezos do século XIX existen rexistros documentados de minas e instalacións de aproveitamento (fundicións) en Presqueiras-Forcarei, así como en Avión e en Beariz. O metal de interese era o estaño, empregado para a fabricación de latas de conserva para as industrias das Rías Galegas; así como o wolframio, que se usa para as aleacións especiais do aceiro na metalurxia.
Durante décadas, leváronse a cabo exploracións e pequenas operacións mineiras, especialmente entre os anos 1940 e 1960. Estes labores incluíron a escavación de pozos e socavóns nas zonas de menor dureza das pegmatitas.
A tradición mineira da zona deixou unha pegada significativa na historia e unha contribución social na sociedade actual. Moitos habitantes de Presqueiras, Beariz e Avión traballaron nas minas ata mediados do século XX, contribuíndo a que a actividade extractiva fose unha fonte de ingresos importante para a poboación.


A minería tamén beneficiou directamente o desenvolvemento económico local, así como o impulso que supuxo para a construción de infraestruturas, vías de transporte e servizos básicos.
A mediados do século XX, a actividade mineira da comarca cesou debido a que o prezo do estaño e do wolframio nos mercados internacionais se desplomou, convertendo as minas da zona en activos sen rendibilidade.
Agora, a principios do século XXI, o mineral de interese é outro. A descarbonización da economía europea necesita o mineral de litio como un dos seus recursos críticos. Isto, unido á incorporación de técnicas mineiras novas e eficientes, permite proxectar unha mina subterránea viable nunha ubicación moi concreta: os montes de Doade-Beariz, que son propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Lama, Cega e Bisticobo.
O Concello de Beariz, que promociona unha ruta turística polas antigas minas de patrimonio histórico, reflicte a actividade mineira nun dos cuarteiróns do seu escudo oficial cunhas chamas que representan fundicións de estaño, así como nunha escultura homenaxe ‘Ao mineiro’ no parque público da Carballeira de Doade.
Sobre este pasado mineiro, o proxecto de Mina Doade xerou conciencia de impacto positivo na sociedade, elevando os estándares de sustentabilidade e responsabilidade para poñelos na vangarda do século XXI.
