O litio,
un METAL para A enerXía verde
Na busca de solucións sostibles para o futuro, o litio convértese nun metal clave na transición cara a unha economía baseada en enerxía verde. Debido ao seu potencial electroquímico, a aplicación deste mineral na sociedade actual destínase ao almacenamento de enerxía e á fabricación de baterías recargables de alta densidade.
O uso destes aparatos foi aumentando, e prevese que siga medrando nos próximos anos, debido ás normativas e plans a curto prazo para reducir o uso de combustibles fósiles e apostar por solucións en tecnoloxías máis eficientes e sostibles.




O litio constrÚe Europa
En marzo de 2023, o litio entrou na lista de materias primas estratéxicas para a Unión Europea (UE), pola súa capacidade para almacenar enerxía e contribuír aos obxectivos establecidos no Plan de Emisións Cero en 2050.
- A crecente demanda está supoñendo que se exploren novas fontes de litio a nivel mundial.
- En Europa hai reservas probadas e a UE quere incentivar a extracción e produción propia para garantir a independencia da industria do continente.
- España é un dos países que dispón de evidencias significativas de litio potencialmente extraíble en Galicia, Extremadura e Castela e León. Tamén no norte de Portugal existen proxectos de extracción.

A demanda mundial de litio sEgue a medrar
O litio é un recurso estratéxico para a loita contra o cambio climático, que nas últimas décadas incrementou a súa demanda pola súa aplicación no almacenamento de enerxía. A Comisión Europea iniciou normativas para afrontar a alta demanda prognosticada e buscar solucións que fomenten a produción de litio en Europa para desenvolver a súa propia capacidade de abastecemento.
- A Lei europea de materias primas críticas “espera que a demanda mundial de litio para a fabricación de baterías con fins de mobilidade e almacenamento de enerxía aumente ata 89 veces o seu volume actual ata 2050”.
- O Banco Mundial en Minerals for Climate Action: The Mineral Intensity of the Clean Energy Transition estima que, para satisfacer a demanda mundial de litio, vaise precisar unha produción de máis de tres millóns de toneladas para 2050.
- Bloomberg estima que en 2030 se multiplicará por máis de 10 a oferta de baterías de ións e os vehículos eléctricos representará máis do 70% da demanda.

TrazabilidadE dos MINERAIS
de Mina Doade
Mina Doade, como un proxecto que se encadra no esixente marco normativo da Unión Europea, promove o comercio xusto dos minerais a nivel mundial.
A trazabilidade dos produtos obtidos da minería en Doade garante que os produtores de baterías de litio non adquiren minerais de guerra, metais de zonas en conflito ou de países que violan os dereitos laborais ou que expolian zonas protexidas do planeta.
A garantía da orixe do litio que se producirá en Mina Doade axudará a certificar as cadeas de subministración dos fabricantes de baterías, contribuíndo a unha industria sostible e de alto valor engadido, no entorno da Lei europea de materias primas estratéxicas.