POLÍTICA DE
PRIVACIDADE

Dentro da súa política de cumprimento normativo, o Grupo SAMCA está comprometido con que os datos persoais de persoas físicas que sexan facilitados a calquera das empresas que o integran no desenvolvemento das súas actividades empresariais —en adiante, os Datos Persoais— serán tratados en todo momento cumprindo o disposto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e no Regulamento de Protección de Datos (Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE).

A través desta páxina web non se recollen, nin se tratan datos de carácter persoal de persoas físicas sen a súa previa información e, de ser o caso, consentimento.

Esta páxina web non utiliza cookies para recoller información dos usuarios, nin rexistra as direccións IP de acceso. Únicamente se utilizan cookies propias, de sesión, con finalidade técnica (aquelas que permiten ao usuario a navegación a través do sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nela existen).