UN PROXECTO DE EXTRACCIÓN
MODERNO E EFICIENTE
CRONOLOXÍA DE MINA DOADE
A complexidade do entorno normativo e a variabilidade na necesidade social dos minerais de interese fan que os proxectos se dilaten durante moitos anos. A minería moderna na Unión Europea é absolutamente garante co medio ambiente e esixe o cumprimento de moitas condicións. Todas as explotacións mineiras deben ser aprobadas de maneira previa por unha autoridade ambiental, que emite un ditame que permite ou non a explotación do xacemento.
A minería na comarca de Doade ten unha tradición histórica significativa, deixando un impacto social relevante nos séculos XIX e XX. A finais do século XX e comezos do século XXI, distintas iniciativas empresariais e públicas (IGME) realizaron investigación de campo durante décadas para determinar a presenza de minerais de interese na ampla zona de investigación denominada oficialmente Permiso de Investigación (PI) Alberta I, 1ª Fracción (Cerdedo, Forcarei, Avión, Beariz e A Lama).
Recursos Minerales de Galicia, pertencente ao Grupo Samca, adquire o Permiso de Investigación (PI) Alberta I, 1ª Fracción para o estudo e detección de minerais de estano, wolframio, tántalo, niobio e litio. Iniciábase así un intensivo labor de investigación do terreo e as súas posibilidades mineiras.
Os resultados das investigacións realizadas indican aos técnicos de Recursos Minerales de Galicia a viabilidade de construír unha mina subterránea nunha zona concreta de Doade-Beariz que presenta a mellor disposición de xacemento e as mellores condicións dos minerais que se pretenden explotar. Solicítase o permiso de explotación, pero a Administración considera que a documentación achegada non é suficiente e pide un estudo máis detallado, específicamente sobre o relacionado cos aspectos hidrolóxicos e hidroxeolóxicos da zona.
Recursos Minerales de Galicia encarga o estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico do territorio a Aquaterra, grupo de investigación da Universidade da Coruña (UDC). Ao mesmo tempo, continúase realizando probas de produto e ensaios técnicos sobre os minerais.
Os resultados do estudo das augas revelan que a explotación mineira non producirá afeccións ás augas da zona.
Recursos Minerales de Galicia continúa coa elaboración de todos os proxectos técnicos para o pase a concesión de explotación do dereito mineiro: Proxecto de Explotación, Estudo de Impacto Ambiental e Plan de Restauración.
Ábrese o proceso de participación e diálogo con todos os axentes sociais implicados en Mina Doade.
Preséntase o proxecto de explotación para a súa aprobación ante as administracións públicas.
Cando as administracións públicas concedan o permiso de explotación, Recursos Minerales de Galicia iniciará a excavación da mina e a construción da planta de procesamento, incorporando traballadores e contratando provedores para as obras.
Iníciase a extracción de mineral a razón de 500.000 toneladas ao ano, procésase e envíase aos portos cercanos.
Se as reservas probadas non se incrementan ata ese momento, a actividade de Mina Doade remataría coa restauración completa, o desmantelamento da planta industrial e das infraestruturas de superficie, e a devolución dos terreos aos seus usos orixinais.