
PREGUNTAS
FRECUENTES
Mina Doade é un proxecto mineiro que contempla a escavación dunha mina subterránea e a construción dunha planta de beneficio de minerais nun monte de Doade, pedanía da parroquia de Xirazga, no concello de Beariz, provincia de Ourense (España). A rocha obxectivo desta mina é a pegmatita, rica en minerais de litio (Li), da que se obterán ademais concentrados de moscovita e concentrados de feldespatos para cerámica.
Mina Doade é un proxecto impulsado por Recursos Minerales de Galicia, SA, empresa propiedade do Grupo Samca.
O Grupo Samca está presente nos sectores de minería, enerxías renovables, polímeros plásticos, fibras sintéticas, agroalimentario, promoción inmobiliaria, agroquímica e infraestruturas loxísticas.
Dende a súa fundación, o grupo mantivo un accionariado privado e familiar e, grazas a un constante reinvestimento dos fondos xerados, converteuse nun grupo empresarial financeiramente sólido, cunha facturación anual próxima aos 1.500 millóns de euros. Dá emprego directo a aproximadamente 3.500 persoas en España, Francia, Italia, Brasil, Colombia, Ecuador, México e Perú.
Máis información: https://gruposamca.com
O litio (Li) é un elemento químico que pertence ao grupo dos metais alcalinos. Ten unha densidade de 0,53 g/cm³, o que significa que é o metal máis lixeiro e menos denso en estado sólido a temperatura ambiente.
É un mineral moi demandado debido a que é o metal cun mellor potencial electroquímico e unha boa capacidade de almacenamento e condutividade eléctrica e térmica.
Os principais usos do litio na sociedade débense ás súas propiedades físico-químicas que lle proporcionan moitas aplicacións no sector industrial.
- Actualmente, o seu uso máis demandado é na fabricación de baterías recargables para mobilidade eléctrica e dispositivos portátiles. No século XXI é un dos metais máis demandados para a descarbonización da enerxía.
Máis información sobre o litio
- No campo da saúde, o carbonato de litio está presente en tratamentos farmacolóxicos.
- Utilízase na industria da cerámica e do vidro, e na fundición do aceiro. O litio metálico é moi común na industria metalúrxica e en aleacións con aluminio.
- O litio tamén é un componente esencial na fabricación de lubricantes e na depuración do aire, eliminando o CO2 do aire.
Empregarase un proceso de corte e recheo (cut&fill), que é un método utilizado en minería subterránea que combina a extracción de mineral coa estabilización das galerías subterráneas.
O mineral extráese en franxas horizontais dende a parte inferior dunha excavación cara arriba. Unha vez que se extrae unha franxa completa, o espazo baleiro énchese con material estéril (recheo) para soster as paredes e o teito, que se deposita en forma de pasta.
Esta transferencia do mineral extraído cara ao recheo contribúe a manter a estabilidade das galerías subterráneas.
Despois de décadas de estudos e análises sobre o terreo, os técnicos de Recursos Minerales de Galicia, S.A. concretaron que o mellor lugar para emplazar unha mina subterránea viable é unha ubicación moi concreta: os montes de Doade-Beariz, que son propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Lama, Cega e Bisticobo. Trátase dunha superficie acotada de 13,62 hectáreas.
O Permiso de Investigación (PI) Alberta I, 1ª Fracción abarca os concellos de Cerdedo, Forcarei, Avión, Beariz e A Lama. É unha ampla extensión de terreo (1.690 hectáreas) na que a Administración autorizou a Recursos Minerales de Galicia a tomar mostras e explorar o subsolo ata 2025.
Máis información sobre cuadrículas e dereitos mineiros
En Mina Doade extraerase rocha dura nunha mina subterránea. Trátase dunha pegmatita con minerais ricos en litio (Li). Ademais destes minerais ricos en litio, a rocha contén mica e feldespato. Esta rocha será transformada por medios físicos (triturado, flotación…) na mesma boca da mina, nunha planta de beneficio para conseguir os diferentes minerais concentrados.
O mineral concentrado de litio é a materia prima das plantas de hidrometalurxia para obter o hidróxido ou carbonato de litio, base para fabricar cátodos das baterías. Este proceso de hidrometalurxia será realizado por outras empresas e industrias. Actualmente, só hai unha planta deste tipo en funcionamento en Europa.
En países como Bolivia, Chile e Arxentina, a produción de litio realízase mediante a explotación de salmoiras ricas en minerais que empregan técnicas mineiras completamente diferentes debido á natureza do mineral e, polo tanto, distintas ás de Mina Doade.
Mina Doade só fará o proceso mineiro de produción de concentrado de mineral de litio. Este produto deberá ser procesado posteriormente nunha fábrica de transformación de hidróxido de litio (LiOH) ou de carbonato de litio (Li2CO3) para despois ser incorporado como materia prima nunha fábrica de baterías.
Estes últimos procesos industriais realízanse nas chamadas xigafactorías, que adoitan estar asociadas a empresas automobilísticas. Estas instalacións precisan de fondos extraordinarios, grandes extensións de chan industrial e abastecer en proximidade ás plantas de ensamblado. Ademais, necesitan subministrarse de cantidades de mineral que superan a capacidade produtiva de Mina Doade.
Por iso, a viabilidade de Mina Doade non está supeditada á construción de ningunha planta industrial de concentrado de litio en forma de hidróxido ou de carbonato, nin a unha fábrica de baterías.
En Doade extraeranse 500.000 toneladas anuais de rocha durante 42 anos. Estas son as reservas probadas.
O proxecto está deseñado para producir anualmente 93.000 toneladas de concentrado de minerais de litio, cuxas principais aplicacións son: baterías de ións de litio para vehículos eléctricos e dispositivos portátiles, elaboración de cerámicas e vidro, e para absorber o dióxido de carbono.
Unha vez que a planta industrial de Mina Doade estea en pleno funcionamento, producirá tamén outros dous materiais: concentrado de mica moscovita e concentrado de feldespatos para uso en fábricas de cerámica.
Unha vez realizadas as operacións de concentración de minerais, os residuos xerados serán completamente inertes segundo a lexislación española (Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño). Estes residuos non sofren “ningunha desintegración ou disolución importante nin ningún outro cambio significativo susceptible de provocar efectos ambientais negativos ou de danar a saúde humana”.
Este material resultante durante a extracción introducirase de novo nas franxas abertas da mina no proceso de transferencia, e servirá de base para a franxa de nivel superior.
O proxecto de Mina Doade está deseñado para reducir ao mínimo tanto o impacto visual como ambiental.
A mina ocupará só 13,62 hectáreas de terreo e o xacemento será subterráneo, de modo que a exposición ao ruído, vibración e po da contorna será inapreciable. A planta de aproveitamento situarase na boca da mina, polo que o transporte de material na explotación será de moi curto percorrido e realizado por cintas transportadoras.
Os produtos finais de Mina Doade serán unhas 220.000 toneladas anuais de concentrados de minerais de litio, moscovita e feldespatos para cerámica. A presentación será unha area inerte e de cor clara que deberá transportarse aos centros loxísticos dos clientes.
Os produtos serán transportados en camións por vías e estradas, en principio, cara aos portos máis próximos de Galicia. Recursos Minerales de Galicia comprométese a minimizar as posibles afectacións ao tráfico e ás infraestruturas, para o cal establecerá plans e rutas en diálogo coas comunidades e as administracións públicas.
O proceso de extracción mineira en Mina Doade utilizará auga a través de circuítos en recirculación controlados por tecnoloxía avanzada. Deste xeito, a auga empregada nos procesos será rexenerada e volverá a empregarse ao inicio, implicando un balance de consumo mínimo.
Ademais, o proxecto de Mina Doade contempla a construción dunha planta de tratamento e dúas balsas pequenas de decantación para xestionar o fluxo de auga excedente da mina e das choivas.
O proxecto contempla as máximas garantías para que Mina Doade non teña ningunha afección ás captacións de auga da zona de Doade.
A investigación encargada á Universidade da Coruña determinou que as operacións implicadas en todo o proceso non xerarán efectos adversos ás captacións de auga da parroquia de Doade. Tampouco haberá afeccións ás augas superficiais.
Xunto ao Plan de Explotación presentado, Mina Doade entregou un Plan de Restauración con garantías financeiras para devolver os terreos ao seu uso orixinal de explotación forestal.
A última fase de Mina Doade expón o desmantelamento total das instalacións e selado completo da mina, e a restauración dos terreos onde se levou a cabo a actividade extractiva.
O proceso de corte e recheo permite a execución do Plan de Restauración durante todo o proceso extractivo, xerando impactos moi limitados dende as primeiras fases da actividade mineira.
Mina Doade iniciará o seu funcionamento tras cumprir con tódalas esixencias das pertinentes lexislacións de medio ambiente autonómicas, nacionais e europeas.
Para acadar a autorización de funcionamento inicial, terá que aprobarse un Estudo de Impacto Ambiental (EIA), presentado en xaneiro de 2025, que recolla todos os traballos necesarios para detectar, identificar e avaliar os impactos ambientais da mina. Neste estudo previo á apertura da mina, inclúese un Plan de vixilancia ambiental, que establece o seguimento de medidas correctivas e preventivas.
Ademais, o Grupo Samca e Recursos Minerales de Galicia están comprometidos a levar a cabo unha actividade mineira sostible e respectuosa co espazo medioambiental.
A duración do proxecto dende que se inicie o funcionamento de Mina Doade é de 42 anos, durante os cales se producirán concentrados de minerais como produtos comercializables. Unha vez rematado este período, considerarase completado o proceso de restauración.
O ruído prodúcese durante as diferentes operacións mineiras: perforación e voadura, arranque, carga e transporte. En Mina Doade, este impacto sonoro será inapreciable, xa que as operacións se realizarán baixo chan (a máis de 50 metros de profundidade).
Respecto ás actividades que se levarán a cabo na superficie, estas estarán en recintos pechados e afastados varios quilómetros das edificacións de vivendas da localidade de Doade.
Por todo isto, o impacto sonoro da mina na contorna será practicamente nulo.
Mina Doade só ocupará 13,62 hectáreas na superficie do terreo e o xacemento será subterráneo, polo que o resto do terreo superficial poderá ser destinado ás actividades que xa manteñen os propietarios, neste caso a explotación forestal.
O proxecto de Recursos Minerales de Galicia fomenta unha economía competitiva na contorna rural, mitigando o despoboamento e o envellecemento dos concellos de Beariz, Avión e Forcarei, e achegará unha contribución económica viable á comarca.
Ademais do emprego directo, especializado e de calidade que xera unha mina en fase de explotación, durante as fases de construción será necesario cubrir unha gran cantidade de postos de traballo por tempo limitado.
O investimento comprometido para Mina Doade supera os 120 millóns de euros.
Recursos Minerales de Galicia estima que se xerarán ata 320 postos de traballo (directos e indirectos) dende que se aprobe o Proxecto de Explotación e ata a restauración completa da mina.
Ademais destes postos de traballo, xurdirán oportunidades de negocio na contorna, como servizos de transporte (camións), vixilancia, mantemento de camiños e servizos de aloxamento e manutención para os traballadores.