OS CIRCUíTOS DA AUGA

O proceso de concentración de minerais usará auga a través de circuítos separados e controlados por tecnoloxía avanzada. A auga empregada reutilizarase en todo o proceso produtivo, o que implicará que o balance de consumo sexa mínimo.

O proxecto mineiro de explotación contempla a construción dunha planta de tratamento e dúas balsas de decantación para xestionar todo o fluxo de auga necesario para a mina.

A auga excedente da explotación e a procedente da choiva será tratada na planta de tratamento. Despois, será vertida ao cauce público cunha autorización específica da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), segundo os estritos condicionantes ambientais establecidos na lexislación.

Con respecto ao labor de minería subterránea, o proxecto de extracción contempla as máximas garantías para que as galerías non teñan impacto sobre as augas da zona de Beariz. As rampas de acceso e as excavacións das galerías de Mina Doade non xerarán efectos adversos ás cinco captacións de auga da parroquia de Doade.

REDE DE CONTROL DA AUGA

Mina Doade contará cunha extensa rede de control piezométrico (sondeos de pequeno diámetro expresamente perforados para medir o nivel da auga no acuífero) para o seguemento dos niveis de auga na zona de terreo comprendida entre a explotación mineira e as captacións.

Esta rede de control permitirá coñecer a evolución futura das condicións hidrolóxicas do subsolo e confirmar que, efectivamente, a explotación mineira non afectará ás augas, plasmando o compromiso de Mina Doade coa sustentabilidade.