COMPROMISO COA PARTICIPACIÓN e A TRANSPARENCIA
Dende Recursos Minerales de Galicia cremos que Mina Doade debe ter un enfoque aberto e transparente coa comunidade, apostando por unha comunicación aberta co público, do mesmo xeito que a resolución de calquera dúbida ou conflito sobre o proxecto.
Queremos que tódolos interesados teñan acceso a toda a información do proxecto mineiro de forma veraz, clara, concisa e actualizada.
O obxectivo é, por unha banda, crear unha relación de comunicación coa cidadanía interesada ou con dúbidas no proxecto. Por outra, o proceso de participación recolle recomendacións cidadás dirixidas á mellora do proxecto mineiro dende o punto de vista social e ambiental.

PROCESO ABERTO
DE INFORMACIÓN
Recursos Minerales de Galicia cre que toda a información pública de Mina Doade debe exporse de maneira directa e aberta, para o que mantén aberta esta páxina web, que reflicte datos claros e actualizados.
Ademais, establecéronse canles de participación tanto físicas como en liña para recoller todo tipo de suxestións dos cidadáns e persoas interesadas no proxecto mineiro.
Recursos Minerales de Galicia celebrou reunións coas corporacións das comunidades involucradas para actualizar a evolución do proxecto Mina Doade e realizou encontros e xornadas públicas para garantir o fluxo de información e transparencia en todo o proceso.
Queremos escoitarte.
CONSULTA e escoita á COMUNIDADe
O proceso de participación cidadá foi liderado por unha empresa externa co máximo rigor segundo unha metodoloxía estandarizada e homologada, adaptada de estándares internacionais.
O equipo de escoita reuniuse no último cuadrimestre de 2024 con axentes da comunidade e realizou encontros e consultas cidadás de campo presenciais nos concellos de Beariz, Avión, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade.