0

EN CIFRA DE NEGOCIO EN 2023

0

TRABALLADORES

0

EMPRESAS E SOCIEDADES

0

PRODUCIÓN DE ENERXÍA RENOVABLE

UnHa empresa familiar
de tradición mineIra

O inicio da minería no Grupo Samca remóntase aos anos 1950, con explotacións ligadas ao carbón en Aragón. A súa gran transformación prodúcese na década seguinte, con importantes investimentos en maquinaria e instalacións.

Actualmente é un dos máis importantes produtores nacionais de leonarditas e arxilas, e na súa revalorización posterior con destino aos sectores de fertilizantes e cerámica.

Na actualidade, ten 54 minas activas e 18 plantas industriais en toda España, nas que diversifica a produción de materias primas:

  • Sulfato sódico anhídrido
  • Arxilas, caolines, micas moscovitas…
  • Arxilas absorbentes
  • Dolomías

UN LÍDER NA MINERÍA DE ESPAÑA CON TRES MINAS EN GALICIA

Grupo Samca opera en Galicia con tres minas activas na Mariña de Lugo, así como dereitos mineiros en distintas localizacións da zona. Estas minas a ceo aberto (técnica distinta á que se aplicará en Mina Doade) foron adquiridas en 2019 e están destinadas á produción de caolíns e feldespatos. As operacións desta liña de negocio realízanse por Euroarce, líder español en materias primas para a industria cerámica.

Na Mariña, Euroarce Caolines conta con acordos cos propietarios (CMVMC) de tódalas fincas nas que opera e está adecuando os seus plans de explotación para adaptalos ás tecnoloxías mineiras e medioambientais máis avanzadas.

MONTE CASTELO

CERVO E BURELA
Caolín e mica
ESTADO
Produción

MINA
BEGOÑA

FOZ
Caolín
ESTADO
Produción

MINA
QUINTA

BARREIROS
Feldespato
ESTADO
Produción