Recursos Minerales de Galicia completou o 17 de xaneiro de 2025 o trámite de solicitude de concesión de explotación ante a Consellería de Economía e Industria para Mina Doade.

Con independencia do proceso de valoración administrativo e trámite de exposición pública do proxecto, queremos que todos os interesados teñan acceso a toda a información do proxecto mineiro de forma veraz, clara, concisa e actualizada.

O proxecto completo de concesión de explotación que foi presentado ante a Consellería de Economía e Industria para Mina Doade, consta de máis de 8.700 páxinas (700 MB de información) agrupados en 105 documentos.

Trátase de información técnica que se atopa a disposición de partes interesadas e que se pode solicitar a través do seguinte formulario:

    Por favor, prueba que eres humano seleccionando el árbol.

    Mina Doade pon a disposición pública a seguinte documentación:

    Segundo a Lei 1/1983 de ordenación da minaría de Galicia.

    Recolle de maneira resumida e para un lector non especializado as cuestións principais contidas nos distintos documentos presentados na solicitude de concesión de explotación.  

    Segundo a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de evaluación ambiental.

    O propósito deste documento é axudar a identificar os efectos ambientais e utilizar esta información para evaluar as alternativas, establecer medidas para minimizar os impactos e integrala na planificación e execución do proxecto.

    Plasma de forma visual as diferenzas entre o proyecto Mina Doade e o anterior proxecto.