POLÍTICA DE
COOKIES

Esta páxina web que vostede está a visitar pertence a SAMCA, que ten unha política común sobre o uso de cookies para todas as súas empresas. As cookies son dispositivos de almacenamento e recuperación de datos que teñen un papel esencial na prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Facilitan a navegación do usuario e, ás veces, ofrecen publicidade baseada nos seus hábitos de navegación. Este tipo de ficheiros descárganse no ordenador, smartphone ou tablet do usuario ao acceder a determinadas páxinas web para almacenar e recuperar información sobre a navegación que se realiza dende ese equipo.

Mediante a utilización dos dispositivos de almacenamento e recuperación de datos (cookies e outros), os provedores de servizos obteñen datos relacionados cos usuarios que posteriormente poderán ser utilizados:

a) Para a prestación de servizos concretos,

b) Para servir publicidade, ou

c) Como base para o desenvolvemento de melloras ou novos produtos e servizos, ás veces gratuítos.

Algúns dos nosos sitios utilizan cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e amosarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso. Vostede pode cambiar a configuración para impedir o seu uso, pero é posible que non poida acceder a determinadas seccións se as desactiva.

As cookies utilizadas nas nosas páxinas foron catalogadas segundo as directrices da “Guía sobre o uso das cookies” publicada pola Axencia Española de Protección de Datos. SAMCA utiliza neste sitio as seguintes categorías de cookies:

1. As estritamente necesarias para a prestación de determinados servizos solicitados expresamente polo usuario.

2. As cookies analíticas que, ou ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

3. Cookies de sesión: Son cookies deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web.

4. Cookies publicitarias: Son aquelas que, ou ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten xestionar do xeito máis eficaz posible a oferta dos espazos publicitarios que hai na páxina web, adecuando o contido do anuncio ao contido do servizo solicitado ou ao uso que realice da nosa páxina web. Deste xeito podemos analizar os seus hábitos de navegación en Internet e mostrar publicidade relacionada co seu perfil de navegación.

5. Cookies técnicas: Permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que existan nela.

6. Cookies comportamentais: Almacenan información sobre as preferencias ou intereses do usuario en produtos e/ou servizos recollida durante a navegación, de xeito que se lle poida mostrar a publicidade en función do seu perfil.

Características dos diferentes tipos de cookies

Cookies propias: Envíanse ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e dende o que se presta o servizo solicitado polo usuario.

Cookies de terceiros: Envíanse ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

Cookies de sesión: Son cookies deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web.

Cookies técnicas: Permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que existan nela.

Cookies de análise: Ben tratadas por nós ou por terceiros, permiten ao responsable das mesmas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas.

Cookies publicitarias: Permiten a xestión dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíu nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se amosan os anuncios.

Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíu nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

Desactivación de Cookies

O usuario poderá, en calquera momento, elixir que cookies quere que funcionen neste sitio web mediante:

• A configuración do navegador:

– Chrome, dende http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=es&answer=95647

– Explorer, dende http://windows.microsoft.com/es-es/windows7/how-to-manage-cookies-in-int

– Firefox, dende http://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-lo

– Safari, dende http://support.apple.com/kb/ph5042

• Os sistemas de opt-out específicos indicados na táboa anterior respecto da cookie de que se trate (estes sistemas poden conlevar que se instale no seu equipo unha cookie “de rexeitamento” para que funcione a súa elección de desactivación);

• Outras ferramentas de terceiros, dispoñibles en liña, que permiten aos usuarios detectar as cookies en cada sitio web que visitan e xestionar a súa desactivación (por exemplo, Ghostery: http://www.ghostery.com/privacy-statement, http://www.ghostery.com/faq).

SAMCA non se fai responsable do contido e veracidade das políticas de privacidade dos terceiros incluídas nesta política de cookies.