Mina Doade foi un dos proxectos de referencia no Mining and Minerals Hall (MMH) 2026, o principal evento do sector en España. En concreto, participou na mesa redonda «Compromiso Social e Excelencia Ambiental en Proxectos Estratéxicos: o caso de Galicia», na que se analizou como os proxectos mineiros galegos incorporan criterios sociais e ambientais no seu desenvolvemento.
Durante o encontro, José Luis Corbacho, director do proxecto Mina Doade, presentou as principais actuacións impulsadas por Recursos Minerales de Galicia nestes ámbitos. O compromiso social reflíctese no proceso de diálogo social coa poboación local, na elaboración voluntaria dun Estudo de Avaliación de Impacto Social e Económico (EISE) e nas iniciativas de comunicación aberta, transparencia e acceso á información do proxecto.
En canto á excelencia ambiental, explicáronse as decisións técnicas incorporadas ao deseño de Mina Doade para reducir o seu impacto na contorna, como unha xestión da auga optimizada e un deseño de explotación moderno e eficiente, con afeccións mínimas á superficie do terreo.
A mesa, moderada por Teresa Mallada, contou tamén coa participación de Diego Casal, subdirector xeral de Recursos Minerais da Xunta de Galicia; Fernando Díaz Riopa, de Cobre San Rafael; Juan Ricoy, de Áridos do Mendo; e Daniel Mamadou-Blanco, de Mina de Penouta.
O encontro permitiu compartir diferentes experiencias arredor do compromiso social e ambiental da minería e abordar o papel estratéxico de Galicia na subministración de materias primas para Europa.


