Tras a finalización do período de información pública da solicitude de concesión de explotación, o proxecto Mina Doade entra nunha nova fase administrativa.
Recursos Minerais de Galicia, S.A., promotora do proxecto de extracción de litio e feldespatos en Beariz (Ourense), analizará as alegacións presentadas, xunto cos informes sectoriais de diferentes organismos públicos. A partir dese análise dará resposta a cada alegación e valorará as observacións e propostas técnicas que poidan contribuír á mellora do proxecto.
Durante as últimas semanas o proxecto estivo sometido a información pública. Agora, o equipo técnico de Mina Doade prepárase para examinar todas as achegas recibidas, responder de maneira detallada e aproveitar aquelas de carácter técnico e científico que poidan reforzar o deseño do proxecto.
Compromiso coa transparencia
Toda a información relativa ao proxecto está dispoñible no portal de transparencia de Mina Doade, onde se mantén o acceso completo ao expediente de solicitude de concesión de explotación.
A documentación presentada por Recursos Minerais de Galicia supera as 8.700 páxinas e organízase en máis dun centenar de documentos, resultado do traballo de equipos multidisciplinares en ámbitos como a enxeñaría, a xeoloxía, a química, o medio ambiente, a economía, o dereito e a socioloxía.
Estado actual do proxecto
- Solicitude presentada: Mina Doade rexistrou a solicitude de concesión de explotación ante a Consellería de Economía e Industria o 17 de xaneiro de 2025.
- Recoñecemento europeo: En marzo de 2025, a Comisión Europea incluíu a Mina Doade no listado de Proxectos Estratéxicos dentro do Regulamento de Materias Primas Críticas da UE, destacando o seu interese público.