Grupo SAMCA E Recursos de Galicia únense para impulsar Mina Doade

Recursos Minerales de Galicia S.A., promotora de Mina Doade, incorpora a Recursos de Galicia (RDG) ao seu capital social. Esta operación permitirá á empresa avanzar no seu proxecto de minaría subterránea de extracción de minerais de litio e feldespatos en Beariz (Ourense), declarado estratéxico pola Unión Europea.

RDG incorpórase ao Consello de Administración de Recursos Minerales de Galicia, S.A. A utility galega aporta 750.000 euros mediante unha ampliación de capital do 10%, que quedará establecido en 7.500.000 euros. O 90% restante permanece no Grupo SAMCA.

Coa incorporación da sociedade público-privada RDG, a promotora de Mina Doade suma un inversor comprometido co proxecto e a estratexia da empresa mineira. Segundo José Manuel Saldaña, conselleiro do Grupo SAMCA: “Compartimos a visión de que os recursos minerais dun territorio deben crear prosperidade no seu entorno. Os nosos proxectos mineiros, desde fai máis de 100 anos, xeran valor compartido e impacto social nos lugares nos que desenvolvemos a nosa actividade”.

“Este acordo permitirá a Grupo SAMCA profundizar no seu compromiso co aproveitamento das materias primas de Galicia, que están chamadas a convertirse nun piar básico da seguridade económica da Unión Europea”, engade José Manuel Saldaña.

“Con esta alianza -valora o conselleiro delegado de RDG, Emilio Brusquetas- situamos a Galicia en condicións de avanzar en autonomía estratéxica”. E agrega: “Atopamos no Grupo SAMCA un socio que entende e comparte a nosa visión sobre os recursos naturales, a súa posta en valor sostible e a necesaria reversión no territorio dos beneficios inherentes a ela”.

“Neste momento Europa é deficitaria en recursos minerais críticos e ten unha dependencia case total deste tipo de materiais. Na medida en que se podan poñer en valor proxectos estratéxicos no noso territorio, como é o caso, incrementamos a nosa autonomía. Galicia convértese en xestora de recursos moi valiosos para a transición verde e o futuro industrial”, apostila Bruquetas.